-ANDAINAS HISTÓRICAS-
Para a xornada do sábado 23 de agosto temos preparadas dúas andainas pola contorna natural e histórica do Montes de Brión.
Haberá dúas rutas con diferentes horarios e dificultade pero co mesmo punto de inicio, a Igrexa de Santa María de Brión. A hora de remata das andainas estará entre a 13h e as 13:30h, xusto para ir comer ao Campo da Festa e disfrutar dunha sesión vermú.
-VISITAS GUIADAS-
Logo da sesión vermú e da comida teremos dúas visitas guiadas visitando o Museo de Construción Naval de Ferrol e o Castelo de San Felipe. Os desprazamentos poderanse facer en autobús cun prezo asequible e sempre que se cubran un mínimo de prazas.
Facede a vosa reserva da comida e das visitas guiadas!
Entrevista no programa "Hoy por hoy" na Cadena Ser con Raúl Salgado na que Alberto Hermáns e Marta Masafret fan un repaso ao estado actual do grupo Lenda Ártabra e dan algunhas pinceladas do que é o novo proxecto da asociación cultural homónima ao grupo de música folk: poñer en marcha o Brión Folk Festival 1800.
Imos facendo camiño!!
Lumeeee!! 🔥🔥🔥🔥
Comezamos a nosa rolda de contactos cos entes públicos como Deputación da Coruña, Concello de Ferrol e Xunta de Galicia para presentar o noso proxecto dun Festival Folk para completar a oferta de actividades da Batalla de Brión.