O Brión Folk Festival nace para recrear e vivir dunha forma diferente a batalla acontecida no ano 1800 nas costas de Ferrol na que os veciños de Brión lograron vencer ás tropas do Imperio Británico.
A finalidade do BFF 1800 é a de enriquecer as actividades culturais da recreación da Batalla aportando o aspecto musical. Entre os obxectivos cos que se crea este festival destaca:
Ampliar a oferta cultural e lúsica dentro das celebracións da Batalla de Brión.
Dinamizar a zona rural.
Potenciar un dos aspectos culturais máis importante de Galicia como é a música de raíz e tradicional.
Reforzar as relacións entre as entidades públicas e privadas da cidade para crear un proxecto común.
Concienciar da riqueza da contorna natural de Ferrol, sobre todo nos Montes do Cha.
Impulsar as relacións culturais coa cultura británica. Cultura unida a Galicia sobre todo pola música celta.
A organización deste festival está a cargo da Asociación Cultural Lenda Ártabra en colaboración con diferentes entidades sociais como a Asociación de Veciño de Brión e a Comisión de Festas de Santa María de Brión e de entidades públicas como Concello de Ferrol e a Deputación da Coruña.