2ª EDICIÓN
2ª EDICIÓN
O Brión Folk Festival chega a súa segunda edición co ánimo de seguir e de mellorar o xa feito na primeira edición.
Os puntos básicos que fan forte a este festival son tres:
- Defensa da cultura e música de raíz na zona rural.
- Aposta polos grupo locais.
- Potenciar as actividades para toda a familia e que promovan unha interación interxeracional na que desde os máis cativos ata os máis maiores sexan protagonistas activos.
As datas para a segunda edición serán o 21, 22 e 23 de agosto onde sempre, en Santa María de Brión, a 10 minutos do centro de Ferrol.
Como o ano pasado, ademais dos concertos temos organizadas para esta edición outras actividades como: faladoiros, obradoiro, marcha ciclista, andaina, visitas culturais, teatro, etc.
A MADRIÑA 2026
Lupe Blanco é unha destacada regueifeira galega nacida en Coristanco (1980), considerada unha das principais figuras da improvisación oral en Galicia. Bisneta do mítico regueifeiro Blanco de Muiñoseco, medrou vencellada á música tradicional, ao canto e ao baile popular, herdando a paixón pola regueifa da tradición familiar.
Ademais das súas actuacións en festivais e certames, destaca polo seu labor como formadora, impartindo obradoiros en centros educativos e promovendo o uso da lingua galega mediante a improvisación.
Lupe Blanco foi recoñecida en varias ocasións como unha das mellores regueifeiras do país e converteuse tamén nun referente feminino dentro dun ámbito historicamente dominado por homes. O seu traballo axudou a revitalizar a regueifa entre as novas xeracións e a proxectala tanto dentro como fóra de Galicia.
VENRES 21
Os Feroces da Galgueira
SÁBADO 22
Como non pode ser doutra forma, contaremos o sábado ao mediodía coa degustación de callos amenizada por unha charanga de música tradicional.
Se o ano pasado tiñamos na seesión vermú a Faíscas da Pontraga, este ano a comida estrá ambientada musicalmente por un grupo da comarca.
Xa tes unha idea de quen pode ser?? Sexa quen sexa a festa e os bailes están asegurados.
Charanga.....
Un grupo de ferrolterra que fai pouquiño que se formou pero que está traballando moi ben os seus directos.
Formación en trío liderada por unha muller da zona rural de Ferrol. Unha posta en escena espectacular e enerxía a tope!
Un dos grupo que vai dar que falar este ano. Veñen desde Madrid e a súa posta en escea e repertorio non deixa indeferete.
DOMINGO 23
Un dos grupos de referencia da música folk e tradicional de Ferrolterra cun repertorio cheo de pezas tradicionais cuns arranxos ben coidados.
Un trío que gañou o Runas de Festival de Ortigueira e que defenden de forma sobrada o estilo de música irlandesa.
Invasor de calidade demostrada.
O grupo residente do Brión Folk Festival, Lenda Ártabra, pechará esta segunda edición. Grupo de referencia do folk galego vinculado estreitamente a Brión.
FOTOGRAFÍAS DA 1ª EDICIÓN
Xa temos as camisolas desta primeira edición do Brión Folk Festival!
Están a venda a 15€ en dúas cores: negra co logo en branco e brancas co logo en cor.
As temos nas seguintes tallas:
Home: S-M-L-XL-XXL e XXXL
Muller: S e M
Se queres mercar unha camisola antes do festival e asegurarte que non quedas sen ela envía unha mensaxe ao seguinte número: 637568627 para reservala e se estás pola zona de Ferrolterra cha levamos ata casa.
-ANDAINAS HISTÓRICAS-
Para a xornada do sábado 23 de agosto temos preparadas dúas andainas pola contorna natural e histórica do Montes de Brión.
Haberá dúas rutas con diferentes horarios e dificultade pero co mesmo punto de inicio, a Igrexa de Santa María de Brión. A hora de remata das andainas estará entre a 13h e as 13:30h, xusto para ir comer ao Campo da Festa e disfrutar dunha sesión vermú.
-VISITAS GUIADAS-
Logo da sesión vermú e da comida teremos dúas visitas guiadas visitando o Museo de Construción Naval de Ferrol e o Castelo de San Felipe. Os desprazamentos poderanse facer en autobús cun prezo asequible e sempre que se cubran un mínimo de prazas.
Facede a vosa reserva da comida e das visitas guiadas!
Entrevista no programa "Hoy por hoy" na Cadena Ser con Raúl Salgado na que Alberto Hermáns e Marta Masafret fan un repaso ao estado actual do grupo Lenda Ártabra e dan algunhas pinceladas do que é o novo proxecto da asociación cultural homónima ao grupo de música folk: poñer en marcha o Brión Folk Festival 1800.
Imos facendo camiño!!
Lumeeee!! 🔥🔥🔥🔥
Comezamos a nosa rolda de contactos cos entes públicos como Deputación da Coruña, Concello de Ferrol e Xunta de Galicia para presentar o noso proxecto dun Festival Folk para completar a oferta de actividades da Batalla de Brión.