O Brión Folk Festival realízase na parroquia ferrolá de Santa María de Brión, a 15 minutos do centro de Ferrol. Desde aquí partiron os veciños que lle fixeron fronte ás tropas inglesas aló polo 1800.
O lugar elixido para a realización dos actos de inauguración, faladoiro e sesión de cantos de taberna na Noite de Folgos, é o local da Asociación de Veciños Castelao. Local que serve de sede e lugar de ensaio da Asociación Cultural Lenda Ártabra. Igualmente, este local social acollerá na xornada do sábado 24 a obra de teatro infantil "Amence no Bosque" de 2Plicas Teatro Musical.
As actividades nocturna do sábado 23 e domingo 24, serán no Campo da Festa, a pouco máis de douscentos metro do local social.
Para chegaren ata Brión, a mellor opción, é pola estrada de Valón. Sen embrago, podedes chegar de igual forma, aínda que por unha estrada máis estreita, pola Graña.
Habilitaranse dúas zonas de aparcadoiro moi próximas ao Campo da Festa e unha zona para a parada dos buses que traerán e levarán a xente que así o preciso (previa reserva).