Esta primeira edición nace co principal obxectivo de ampliar a oferta cultural e festiva da Batalla de Brión e, como todos os festivais, cun propósito de mellora e crecemento ao longo dos vindeiros anos. Agardamos que esta edición sexa a primeira de moitas máis.
Aquí tedes toda a información necesaria para que poidades disfrutar desta primeira experiencia do Brión Folk Festival -1800-.
Venres 22 de agosto
Chamada a Filas
Esta será a xornada inaugural do Brión Folk Festival 1800. Será o venres 22 de agosto e o local da Asociación de Veciños "Castelao" de Brión será o emplazamento para a posta en marcha deste encontro cultural. A partires das 20h teremos os seguintes actos:
Acto inaugural por parte da organización e autoridades.
Faladoiro "A importancia do mar en Ferrol" por Xurxo Souto.
Noite de Cantos de Taberna.
Sábado 23 de agosto
Noite de Folgos
O Festival continúa nesta segunda xornada con tres actividades moi interesenates:
Sesión vermú ás 13:30h no Campo da Festa con música en directo e comida a precios populares.
Obradoiro de Enredos Sonoros: contrución de instrumentos musicais con materiais naturais para a rapazada.
3 concertos e foliada libre posterior no campo da Festa de Brión a partires das 20h.
Domingo 24 de agosto
Noite de Victoria
Chega o día grande deste festival co día da Batalla de Brión e os concertos de música folk no Campo da Festa.
Ás 12h sairemos a resistencia local do campesiñado camiñando ata o lugar do Monte do Chá onde se fará a recreación.
Acto seguido teremos unha comida campestre no pinar do Monte do Chá.
A partires das 19:30h teremos churrasquiño para coller forzas para bailar durante os tres concertos que comezarán as 21h.
Programa completo
(descargable)