O Brión Folk Festival chega a súa segunda edición co ánimo de seguir e de mellorar o xa feito na primeira edición.
Os puntos básicos que fan forte a este festival son tres:
- Defensa da cultura e música de raíz na zona rural.
- Aposta polos grupo locais.
- Potenciar as actividades para toda a familia e que promovan unha interación interxeracional na que desde os máis cativos ata os máis maiores sexan protagonistas activos.
As datas para a segunda edición serán o 21, 22 e 23 de agosto onde sempre, en Santa María de Brión, a 10 minutos do centro de Ferrol.
Como o ano pasado, ademais dos concertos temos organizadas para esta edición outras actividades como: faladoiros, obradoiro, marcha ciclista, andaina, visitas culturais, teatro, etc.
Lupe Blanco
Lupe Blanco é unha destacada regueifeira galega nacida en Coristanco (1980), considerada unha das principais figuras da improvisación oral en Galicia. Bisneta do mítico regueifeiro Blanco de Muiñoseco, medrou vencellada á música tradicional, ao canto e ao baile popular, herdando a paixón pola regueifa da tradición familiar.
Ademais das súas actuacións en festivais e certames, destaca polo seu labor como formadora, impartindo obradoiros en centros educativos e promovendo o uso da lingua galega mediante a improvisación.
Lupe Blanco foi recoñecida en varias ocasións como unha das mellores regueifeiras do país e converteuse tamén nun referente feminino dentro dun ámbito historicamente dominado por homes. O seu traballo axudou a revitalizar a regueifa entre as novas xeracións e a proxectala tanto dentro como fóra de Galicia.
Venres 21 de agosto
Chamada a Filas
A xornada inaugural desta segunda edición do Brión Folk Festival 1800 será o venres 21 de agosto e o local da Asociación de Veciños "Castelao" de Brión será o emplazamento para a posta en marcha deste encontro cultural. A partires das 20h teremos os seguintes actos:
Acto inaugural por parte da organización e autoridades.
Faladoiro "A regueifa: defendendo a nosa oralidade" por Lupe Blanco.
Noite de Cantos de Taberna.
Sábado 22 de agosto
Noite de Folgos
O Festival continúa nesta segunda xornada con tres actividades moi interesenates:
Sesión vermú ás 13:30h no Campo da Festa con música en directo e comida a precios populares.
Obradoiro de coiro: iniciación ao traballo do coiro para a rapazada e non tan novos.
3 concertos e foliada libre posterior no campo da Festa de Brión a partires das 20h.
Domingo 24 de agosto
Noite de Victoria
Chega o día grande deste festival co día da Batalla de Brión e os concertos de música folk no Campo da Festa.
Ás 12h sairemos a "resistencia local" do campesiñado camiñando ata o lugar do Monte do Chá onde se fará a recreación.
Acto seguido teremos unha comida campestre no pinar do Monte do Chá.
A partires das 20h teremos churrasquiño para coller forzas para bailar durante os tres concertos que comezarán as 21h.
Programa completo
(descargable)