O Brión Folk Festival quere que entredes en contacto coa contorna natural dos montes de Brión e que ademais coñezades os puntos de interese que esta contorna agocha sobre a Batalla de Brión de 1800.
O compañeiro Germán Lago deseñou dúas andainas circulares con saída da Igrexa de Santa María de Brión e chegada ao Campo da Festa para a sesión vermú do sábado 23 de agosto.
Aquí tedes toda a información destas dúas rutas.
-ANDAINAS HISTÓRICAS-
Para a xornada do sábado 23 de agosto temos preparadas dúas andainas pola contorna natural e histórica do Montes de Brión.
Haberá dúas rutas con diferentes horarios e dificultade pero co mesmo punto de inicio, a Igrexa de Santa María de Brión. A hora de remata das andainas estará entre a 13h e as 13:30h, xusto para ir comer ao Campo da Festa e disfrutar dunha sesión vermú.
-VISITAS GUIADAS-
Logo da sesión vermú e da comida teremos dúas visitas guiadas visitando o Museo de Construción Naval de Ferrol e o Castelo de San Felipe. Os desprazamentos poderanse facer en autobús cun prezo asequible e sempre que se cubran un mínimo de prazas.
Facede a vosa reserva da comida e das visitas guiadas!
-DATOS RESUMIDOS-
- Lugar de saída: Igrexa de Brión
- Hora de saída: 10:00h
- Distancia: 10,66 km
- Duración: 3 horas.
- Tipo de ruta: Circular
- Dificultade: Moderada
-DATOS RESUMIDOS-
- Lugar de saída: Igrexa de Brión
- Hora de saída: 9:00h
- Distancia: 17,24 km
- Duración: 4,5 horas.
- Tipo de ruta: Circular
- Dificultade: Moderada-Alta