Un dos principais problemas para acudir ao festival podería ser o do transporte. Despois dunha xornada completa de andiana e festa xa non quedan folgos para voltar camiñando ata Ferrol. Pois ben, desde a organización do Brión Folk Festival 1800, poñemos á vosa disposición o servizo de transporte en autobús para vir ao festival e para voltar para casa de forma segura cando remate a xornada musical.
Máis adiante iremos informando da ruta e horarios do transporte e os prezos das viaxes de ida e volta.
Se quere reservar a túa praza no autobús enche o formulario.